Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Obradoiro OPS

O pasado luns 6 de maio, o alumnado de 1º e 2º ESO asistimos, en dúas quendas, a un obradoiro no que nos explicaron a importancia do portugués no noso mundo.

 Primeiro, amosounos cales eran os países onde se fala esta lingua.

 Amosounos un pouco da súa historia…

 Ensinounos palabras en portugués, a súa similitude co galego e os falsos amigos

 E nós atendiamos porque estaba interesante

 Por último, entregounos uns papeis nos que, por unha cara había enlaces de portugués, como dicionarios, xogos online, etc.

E pola outra había unha canción que tiñamos que completar, chamábase “Sou eu assim sem voce” de Adriana Calcanhoto, unha cantante brasileira.

Xa antes nos puxera tamén unha canción de Gabriel o Pensador.

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.