Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Celso Emilio Ferreiro (1912-2012)
Un segredario sen segredo

Arranxa un nazi burrón de triste historia,
mistúralle fusil e metralleta,
engádelle algún morto na cuneta,
dibúxalle nariz supositoria,
ponlle cara de alcuza con escoria,
fabrícalle un cerebre de penedo,
revólvelle alquitrán e leite acedo,
invéntalle unha ollada xesuita
faille unha voz que lembre a dunha pita
i ahí tés un segredario sin segredo.


Manel lendo o poema de Celso Emilio Ferreiro



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.