Mensaxe dende o silenzo
Ti ben sabes, amigo, o gran segredo
dise tempo que pasa e que nos moe
cun rodicio de sombras,
sen mañá e sen onte.
Nas nosas maus de lama nada queda,
todo se nos desfái, todo nos foxe
coma o vento que brúa,
coma a auga que corre.
Non somos máis que cousas
con diferentes nomes:
camiño, verme, folla,
estrela, arbre, home.
Cousas
que o tempo ha de pór podres.
E mentras tanto
de ningures pra lonxe,
igoal que toupas imos cegamente
furando o longo túnel dunha noite
que endexamais ten fin; sempre furando
sin máis norte que a morte.
Preguntas e preguntas e preguntas,
decote a preguntar. Ninguén responde.
María lendo o poema de Celso Emilio Ferreiro
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]