Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Itziar Idiazabal: “Rexeitar o galego na escola é aceptar ser máis ignorantes”

Lemos estes días no xornal Praza Pública esta estrevista a Itziar Idiazabal:

http://praza.com/politica/3546/rexeitar-o-galego-na-escola-e-aceptar-ser-mais-ignorantes-o-castelan-xa-esta-en-todos-lados/

 

Como ben indica nesta entrevista a coordinadora da Cátedra Unesco da UPV , Itziar Idiazabal,  é importante que todos os galegos teñan o dereito de aprender a súa lingua propia no colexio.

Nestes últimos anos é habitual ver nas noticas e nos xornaiss as disputas sobre que lingua falar nun territorio bilingüe. Como ben defende Itzar Idiazabal é necesario que o galego se aprenda na escola para favorecer a súa expansión xa que o castelán pódese aprender en calquera lugar e está presente na maioría de canles de televisión, periódicos e revistas. É necesario que, para manter a lingua galega viva, os nenos dende moi pequenos empecen a falar o idioma propio da comunidade. Por iso, como ben di a profesora Idiazabal, os pais non son quen de entrometerse no idioma que queiran falar os fillos e estes deben coñecer os dous idiomas para elixir cal é o que quererán usar nun futuro.

A devandita profesora tamén defende que é interesante coñecer distintos idiomas e quéixase dos intentos de acabar co bilingüismo impulsando o monolingüísmo en castelán, feito co que non está de acordo xa que pensa que a diversidade de idiomas é boa en todos os casos. Se ledes a totalidade da entrevista, vedes que tamén arremete contra a lei Wert debido ao desprestixio que lle causa o resto das linguas que non sexan o castelán. Así mesmo tamén considera que non só desprestixia os territorios bilingües senón tamén o resto de territorios, aos que se lles impide coñecer outra lingua que non sexa o castelán.

… o castelán xa está en todos lados



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.