Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Deseño para o outro 90%

O pasado xoves 17 de xaneiro o alumnado de bacharelato científico e tecnolóxico asistiu a unha conferencia impartida pola profesora Pilar Brocos profesora de Física Aplicada da Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela. O título da mesma era “DESEÑO PARA  OUTRO 90%: DISPOSITIVOS BASEADOS NA APLICACIÓN DE CONCEPTOS BÁSICOS DE TERMODINÁMICA”

“A maioría dos deseñadores enfocan os seus esforzos no desenvolvemento de produtos e servizos exclusivamente para o sector da poboación máis rico, que representa só o 10% da poboación mundial. É necesaria unha revolución no deseño para alcanzar o remanente 90%”                                        Dr. Paul Polak, International Development Enterprise

O deseño para outro 90% reúne as propostas de universidades, estudos e profesionais para realizar obxectos, sistemas e tecnoloxías para proporcionar accesos económicos á enerxía, o auga, a saúde, a educación, o transporte. Moitos destes proxectos aplican criterios de mercado e apuntan a que os usuarios poidan xerar beneficios, pero sempre desde unha óptica sostible e responsable, que aborrece a explotación, favorece a inclusión social e reduce ao mínimo o impacto ambiental.

A profesora Brocos falounos de distintos dispositivos relacionados coa termodinámica, concretamente falounos de:

Sistemas de refrixeración

O funcionamento é moi simple. Consiste en colocar unha vasilla de barro dentro de outra e encher o espazo entre ambas con area que se mantén constantemente húmida, cubrindo a boca cun pano húmido tamén. Ao evaporarse a auga, extrae a calor da vasilla interior, o que mantén os alimentos frescos e en boas condicións para o consumo.

Sistemas para cociñar coa enerxía solar

As cociñas solares de concentración utilizan un reflector parabólico para concentrar a radiación solar nun punto. Nese lugar  colócase a ola que cociñará os alimentos. Poden xerar altas temperaturas e permiten fritir distintos alimentos ou ferver auga.

O forno ou caixa trátase dun recipiente illado, deseñado para capturar a enerxía solar e manter quente  o seu interior. Posúe un sector superior transparente que permite ingreso da luz solar e paneis reflectores (de papel aluminio ou espello) que axudan a capturar máis calor. O recipiente para cociñar e o interior da caixa deben ser negros, para permitir unha maior absorción da calor.

 Sistemas de secado de alimentos

A desecación é un sistema moi antigo de conservación de alimentos. A retirada do auga contida nos seus tecidos e células resulta un método moi eficaz para evitar a putrefacción e perda dos mesmos Con toda seguridade atopámonos ante un dos máis ancestrais métodos de conservación, e os primeiros pobos agrícolas xa utilizaban estas técnicas para a conservación de legumes e cereais.

O proceso de secado pode ser aplicado a todo tipo de alimentos, desde vexetais e hortalizas hasta carnes e pescados, pasando por froitas, especias, herbas aromáticas, cogomelos…

Ao secalos o sabor dalgúns froitos  intensifícase e as sustancias nutritivas se atopan nunha maior concentración. O sabor dos froitos  vólvese máis doce e nutritivo. As vitaminas e minerais  consérvanse na súa maior parte, diminuíndo só a vitamina C. Os froitos secos tampouco teñen conservantes.

 Reforestación

WaterBoxx
-É unha especie de cubo de plástico rectangular
-Posúe un burato no centro que permite plantar unha árbore no solo
-Permite atrapar o auga da condensación nocturna e o das choivas ocasionais
-O auga e distribúese en pequenas dose polo interior da árbore.
-Evita que o auga se evapore, protexendo as raíces do sol, vento, maleza e roedores

Despois dun ano, a árbore é o suficientemente forte como para crecer por si mesmo e WaterBoxx pode retirarse.

                                  




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.