Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando / Globalingualizando
Potencial económico da lingua portuguesa

Brasil, país en desenvolvemento e cun gran potencial económico, é un país con lingua oficial portuguesa, o que convertirá ao portugués nunha lingua moi importante para relacións económicas e comerciais do mundo.

O Insituto Superior de Ciencias do Traballo e da Empresa, estima en 17% o peso da lingua no PIB portugués, despois de realizar un estudo que plasman no libro Pontecial económico da língua portuguesa. Este libro recolle dous apartados. No primeiro varios investigadores do equipo de Luis Reto comentan o seu labor de investigación nos estudos que realizaron sobre as relacións entre variables económicas /sociais e lingua. E na segunda parte, plásmase unha enquisa realizada a cerca de 2500 estudantes de portugués das distintas universidades e escolas do mundo que imparten clases desta lingua. O portugués, en 2010 con 254,54 millóns de falantes nativos dos oito países de lingua portuguesa (datos do libro Potencial económico da lingua portuguesa), sitúase entre os dez idiomas con máis poder que rodean ao inglés .Incluso se compara aos 254 millóns de habitantes lusófonos cos 400 millóns de falantes de lingua española ou inglesa, concluíndo que o portugués é realmente unha lingua de peso a nivel mundial.

Un exemplo do seu poder internacional é que Brasil, país en desenvolvemento e cun gran potencial económico, é un país con lingua oficial portuguesa, o que convertirá ao portugués nunha lingua moi importante para relacións económicas e comerciais do mundo. E todo isto será axudado polo impulso que lle ofrecerá á lingua portuguesa os medios de comunicación e as novas tecnoloxías.

Unha publicación interesante



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.