Entre os días 22 e 26 de outubro de 2014, Compostela encherase de visitantes que acudan a este festival de “world music”, un xénero musical que trata de unir a música tradicional, o folk as músicas étnicas.
O evento atraerá a máis de 2500 profesionais, case medio centenar de medios de comunicaión e un grande número de visitantes. Acolleraos principalmente a Cidade da Cultura onde se realizarán concertos, conferencias, exposicións, coloquios e entregas de premios, aínda que tamén a zona monumental de Compostela cobrará a súa parte, pois alí levaranse a cabo algunhas funcións en vivo.
Dende os organismos oficiais, contémplase este evento coma unha oportunidade de exportar a marca galega ao mundo; e a promoción xa comezou na edición do 2012 en Tesalónica, que se levou a cabo a finais de outubro.
De momento toca agardar o ansiado festival que aínda ten que pasar por Gales na súa edición de 2013, pero durante a espera levaranse a cabo charlas e coloquios preparatorios.
Santiago converterase así na segunda cidade española, Sevilla xa o fixera en varias ocasións, que recibirá o Womex. E farao na súa vixésima edición
Foto: turismoactual.net
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]