Imaxe de cabeceira
Deportes
Juan Carlos Ferrero: a retirada dun grande que non se vai de todo.

Cando Juanqui anunciou no mes de outubro a súa retirada, a conmoción do mundo do tenis e do deporte en xeral foi total. Non era unha sorpresa : Juan Carlos tiña xa 32 anos e unha lesión no seu xeonllo dereito que nunca rematara de curar. Pero tratábase dun home que no ano 2003 fora número un do ránking ATP, un xogador que gañara un Roland Garros e fora un dos artífices da consecución de tres Copas Davis, o trofeo máis importante do tenis a nivel de seleccións.

Juan Carlos comezou no tenis cando era tan só un neno, e con  11 anos coñecería ao que sería o seu adestrador ata o final da súa carreira: Antonio Martínez Casacales.

Comeza entón,  un  longo camiño de éxitos, como o Campeonato Mundial Junior que obtivo no 1996.

Pero, o seu primeiro título coma profesional non chegaría ata 1999, ano no que consegue situarse no posto número 43 dos mellores tenistas do mundo.

Sen dúbida, o maior éxito individual de Ferrero  ocorreu no 2003, cando se proclamou campión de Roland Garros en París, o que sería o único Grand Slam da súa carreira. Nese mesmo ano  conseguiría  o número un mundial.

No ano seguinte as lesións farán que se manteña apartado das pistas nalgúns momento da temporada, o que fará que o seu nivel baixe. A pesar de todo, continúa no tenis,e a o final da súa carreira podemos contar 16 títulos propios o último deles no 2011.

Co seu adeus ás pistas, Ferrero non se despide do tenis. Continúa  traballando na súa escola adicada ao deporte ao que consagrou a súa vida. Hoxe en día, este lugar converteuse nun centro de referencia a nivel mundial, onde os novos prodixios do tenis dan os seus primeiros raquetazos.

Juan Carlos Ferrero é para eles e para todos nós un exemplo de superación (recordemos que cando contaba con 16 anos perdeu á súa nai) e de sacrificio, que dende a humildade(nunca quixo adestrase noutro lugar que non fora a súa primeira escola de tenis) conseguiu o que merecía: converterse nunha lenda.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.