Comezouse a homenaxe a Celso Emilio Ferreiro
Esta semana comezaron as lecturas na biblioteca. Polo menos 100 persoas da comunidade escolar xa teñen cadanseu poema para leren nos diferentes recreos na biblioteca.
Fomos empapelando o centro para que todo o mundo se apunte tanto ás lecturas coma ao recitado. Consideramos importante difundir a información. Para iso o profesor de plástica botounos unha man facendo algún cartaz. Outros fixémolos sen a súa axuda…
Estes son os cartaces que temos nos dous edificios dos que está composto o noso IES
Bernal Muíños (1º ESO) fixo un para colocar no taboleiro do anexo…
100 voces para Celso Emilio
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]