Nunha liña de investigación que ultimamente está rexistrado moita actividade demostrouse por unha primeira vez cómo un láser pode estimular a formación de campos magnéticos, similares aos que se pensa que estiveron involucrados na formación das primeiras galaxias.
Os resultados de esta investigación poderían axudar a resolver o enigma de cómo o universo adquiriu inicialmente o seu magnetismo.
Os campos magnéticos existen por todo o espazo galáctico e intergaláctico,así como en estrelas e planetas.Os campos magnéticos no noso sistema solar son importantes, xa que nos escudan dos efectos dañinos dos raios cósmicos,así contribúen a manter na Terra un escenario apto para a vida.
Non está claro cómo os campos magnéticos foron creados orixinalmente. Dende fai tempo, fórmasen campos magnéticos sen necesidade dun imán ou electroimán naturais. Pero nunca,ata agora,se demostrara o proceso.
Un equipo de físicos, incluíndo a Bob Bringham e Alex Robinson do centro láser no Laboratorio Rutherford Appleton (do STFC) en Oxfordsihire, Reino Unido usou un láser de gran potencia para facer estalar unha vara de carbono, similar a mina dun lapis, mergullada en xeo gasoso. A explosión deseñouse para imitar a masa do plasma (un gas ionizado que contén electróns positivos) a partir da cal se formaron as primeiras galaxias.O experimento foi deseñado para poñer a proba da teoría do “Efecto de Batería de Biermann” a cal explica cómo se puideron formar os primeiros campos magnéticos do universo en sitios onde non existiran antes.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]