Seguindo na liña de mostrar o noso punto de vista sobre o plurilingüismo xuntamos esta circular informativa elaborada desde a Coordinadora Galega de ENDL
Cibrán, profesor de matemáticas no IES de Silleda, presentou unha estupenda reflexión sobre o tema no seu blog: Carta xeométrica.
Eu, como comulgo con rodas de muiño, penso que introducir o ensino do inglés a nenos de 6 anos ou menos é beneficioso para a súa formación. Non me importa que José Manuel Vez, un experto da USC no ensino de linguas, diga todo o contrario.
Tampouco considero que sexa discriminatorio o decreto polo que se establecen os centros plurilingüies, pois paréceme moi positivo que, sobre todo os centros de ensino privado, substituán as clases en galego por outras en castelán con algunhas febras de inglés. A razón fundamental é que, como comulgo con rodas de muiño, non considero para nada negativo que eses rapaces acaben falando galego ao estilo Johnny Weissmüller nas películas de Tarzán: Eu Tarzán/ Ti Jane/ Aquí comer / Mañán marchar.
O inglés é útil. Porén o galego é inútil. Eis o sentido de que a política lingüística de fomento do galego pase, en exclusiva, polo fomento do inglés. Así conseguiremos un inglés aínda aparentemente máis útil e un galego aparentemente aínda máis inútil. (…)
Seguide lendo en:
http://cartaxeometrica.blogspo
Cada lingua que aprendemos non pasa a ocupar un oco no noso cerebro, senón que temos unha competencia subxacente común desde a que somos capaces de xestionar as linguas que aprendemos [J. Cummins]
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]