Imaxe de cabeceira
Sabías que...
A nasa descobre indicios de auga xeada en mercurio

A sonda Messenger da Nasa descubriu indicios da existencia de auga xeada nos polos de Mercurio. O achazo é sorprendente, xa que as temperaturas na superficie do planeta máis próximo ó Sol, poden superar os 400ºC. Non obstante, algúns cráteres nos polos de Mercurio encóntranse na sombra de maneira permanente, e ese factor convérteos no que os científicos denominan “Trampas de frío”.

 

 Anteriores investigacións detectaran algunhas zonas preto dos polos que provocaban reflexos ao analizarse cun radar, unha característica típica do xeo. Agora, a cartografía realizada pola sonda Messenger comprobou que esas zonas que causan reflexos de radar están precisamente nas mesmas rexións escuras que se encontran permanentemente en sombra. Messenger é só a segunda sonda, tras as Mariner 10 nos anos 70, que visitaron o planeta máis próximo á nosa estrela. Ata a chegada desta misión, existían amplas zonas de Mercurio que xamais se analizaran.


As zonas que provocan reflexos de radar xa foran detectadas por telescopios en terra nos anos 90, pero ata agora os científicos non puideran precisar o lugar exacto onde se encontran. Non obstante, grazas ás novas imaxes enviadas pola Messenger, comprobaron que coinciden coas rexións polares de sombra permanente. "Os nosos resultados apoian a hipótese da presenza de auga xeada", explica a doutora Nancy Chabot, coautora do estudo que publica a revista ‘Science’, en declaracións á BBC. Pero esta experta da Universidade de Johns Hopkins resalta que isto non constitúe unha proba, senón tan só un indicio da existencia de xeo en Mercurio.            

 
 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.