O pasado xoves día 12 de abril, o alumnado do IES Félix Muriel tivemos unha conferencia coa profesora da Universidade da Coruña Socorro Castro.
Durante esta charla a profesora estívonos a falar sobre a contaminación producida polos automóbiles actuais e da falta de recursos que este planeta vai sufrir en poucos anos se non facemos nada por remedialo.
Falounos sobre os prototipos de coches ecolóxicos que hai, eléctricos e de hidróxeno. Os coches de hidróxeno podrerían obter a súa enerxía a través da electrolise da auga, separando o hidróxeno do osíxeno e grazas a isto consumir o hidróxeno gastando a súa enerxía e desprendendo vapor de auga, sen producir ningún risco ambiental.
O problema que ten este tipo de coches é a súa autonomía; se queremos moitas horas de autonomía necesitaremos levar grandes depósitos de auga ou polo contrario moitos depósitos de hidróxeno (gas ou líquido, que ocupa menos).
Por último a profesora rematou a actividade ensinándonos un prototipo que puxo a funcionar mediante a electrolise da auga e a utilización do hidróxeno.
Socorro Castro explicounos que eran e como funcionaban
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]