Onte pola mañá, escoitei na radio unha noticia que me chamou moito á atención. A noticia falaba de que nun hospital de Cataluña os médicos podían falarlle aos pacientes en catalán, aínda que estes non o entendesen. E isto fíxome reflexionar, o pouco que podía a esas horas da mañá, sobre o feito de que en Cataluña os médicos poden facer iso mentres aquí, en Galicia, un libro que cita textualmente o artigo 5º do Estatuto de Autonomía é censurado.
A medida que foi entrando a mañá fun desenvolvendo diferentes razonamentos, os máis deles tiñan que ver con razóns pouco certas, xa que estaban relacionadas cos prexuízos que tiña sobre a xente desa comunidade, poise u sonvos do Real Madrid; pero logo cabilei que todo isto débese a que os cataláns, cando se realizou a lei de normalización lingüística, non tiñan ningún tipo de prexuízos arredor da súa lingua, tiñan bastante claro que o catalán era o seu idioma.
Despois desta reflexión, xurdiu outra pregunta na miña cabeza: por qué eles tiñan ese trato cara á súa lingua e nós outro bastante diferente? Para esas preguntas aínda non atopei resposta, pero algo saquei en claro, se o Valedor do Pobo censura un libro que afirma textualmente que o galego é a lingua propia de Galicia, o seguinte será censurar directamente a lingua galega.
Imaxinemos que se prohiba a utilización do galego, entón desaparecería este idioma. E, se desaparece este idioma, o NOSO idioma, desaparecería a razón pola cal somos unha nacionalidade histórica, co cal non teríamos Parlamento de Galicia, entón mesmo o posto do Valedor do Pobo desaparecería… Imaxino que iso sería algo polo que o señor Benigno López González non estaría disposto a pasar, xa que o seu idioma e a súa propia cultura parecen importarlle ben pouco, pero seguramente o seu posto lle interese un pouco máis, ou cando menos os incentivos económicos que conleva e o prestixio que rodea a dita institución.
LAURA CAAMAÑO FERREIRÓS (3ºESO A)
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]