Cando comezamos este proxecto, que se desenvolveu da man do Proxecto Comenius no que tamén participamos os membros do EDLG, queriamos cubrir catro obxectivos principais: 1) Presentarnos ao mundo en galego, 2) Demostrar dentro da nosa comunidade que o galego SERVE para estar en Europa; 3) Promocionar o noso e elevar a autoestima do alumnado; 4) Erguer pontes nunha Europa plural.
Algo conseguimos.
Dentro do proxecto desenvolvemos varias actividades: un glosario nas linguas europeas do proxecto no que tamén estaba o galego, un vídeo en inglés subtitulado en galego…
E por último temos esta acción dos vídeos e das videoconferencias co alumnado dos cursos de galego nas universidades de Alemaña e Polonia, países cos que desenvolvemos o proxecto Comenius.
Diana García Couso, a lectora de Leipzig (Alemaña), gravou en vídeo a dúas alumnas que contestan ás curiosidades que ten o noso alumnado, a primeira: por que estudan galego en Alemaña?
Katja from galegoenleipzig on Vimeo.
Rosmarie from galegoenleipzig on Vimeo.
Alemás aprendendo e falando galego (vídeos)
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]