Imaxe de cabeceira
Sen categoría
Premiados do Concurso de Lectura e Recitado.

 

Ao longo de toda a semana do 23 ao 31 de maio celebrouse na Biblioteca do IES Félix Muriel de Rianxo o xa tradicional CONCURSO DE RECITADO E LECTURA DE POESÍA EN VOZ ALTA. Esta actividade inscríbese dentro da serie de actos conmemorativos do Día das Letras Galegas, dedicado, como sabemos, este ano 2011 ao poeta monfortino Lois Pereiro.
Desta vez, ademais dos alumnos de ESO e Bacharelato participaron diferentes membros da comunidade educativa, tanto profesores coma persoal laboral e administrativo, que prestaron a súa voz e lembraron en común a obra deste escritor finado cando só contaba 38 anos.
O concurso contou cunha ampla participación e debemos salientar a boa acollida por parte da toda a comundade educativa. Resultaron gañadores…

LECTURA: SARA OTERO MOSQUERA (3º ESO A)

RECITADO: CAROLINA OUBIÑA VÁZQUEZ(1º BAC. C)

Debido á alta cualidade dos participantes o xurado e o EDLG acordou entregarlles un ACCÉSIT aos seguintes alumnos e alumnas que quedaron como finalistas:

Aldara Muíños (1º ESO C)
Marcos Iglesias (1º ESO C)
María López Mosquera (3º ESO B)
Pablo Caamaño (4º ESO B)

PARABÉNS A TODOS ELES!!

Cómpre salientar, tamén o noso recoñecemento desde o EDLG a Manuela e Lolita, Persoal Non Docente do IES Félix Muriel.
A entrega de premios será o vindeiro luns día 6 de xuño no 2º recreo no Local de Normalización.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.