Estiven lendo “Historia dunha escaleira” de Buero Vallejo, déixovos unha breve reseña.
Este libro conta as conversas que se dan nunha escaleira dun edificio. Nestas conversas, aparecen dous amores en dúas xeracións; primeiro Fernando e Carmina, que se namoran, aínda que o seu amor fracase, e despois de 30 anos, conta a historia de Fernando, fillo, e Carmina, filla, que -queréndose coma os seus respectivos pais- van ter outro destino ca os dos pais aínda que estes os queiran separar e impedirlles estar xuntos.
Os pais non se casaron porque Fernando (pai) era moi preguiceiro e tiña unha veciña que estaba tola por el (esta rapaza era de familia rica e por iso Fernando se casou con ela, aínda que ela non o atraese). Aínda que Fernando (pai) quería saír da vida que tiña e esquecer o edificio no que vivía sendo aparellador, despois de 30 anos, seguía vivindo no mesmo sitio e se cadra peor que antes.
Pola contra, o noivado dos fillos, aínda que moi parecido é moi distinto. Fernando, fillo, quería ser aparellador (como o seu pai había 30 anos). e aínda que os seus pais os querían separar, eles queren estar xuntos, por último despois dunha bronca dos seus pais eles xúntanse na escaleira e Fernando e Carmina (pais) míranos dende a baranda sen dicirlles nada, emitindo ese mensaxe de descontento por non se teren casado.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]