Con motivo da celebración das Letras Galegas, un ano máis o EDLG, organiza unha Semana cultural na que se pretende homenaxear ao persoeiro escollido pero na que tamén entran outras actividades dinamizadoras da lingua.
O programa deste ano é o seguinte:
Luns 9, ás 12,30: Ateliê de portugués, impartido por Valentim Fagim no que vai amosar as posibilidades que temos co galego para comunicarnos fóra das nosas fronteiras a través do portugués. (4º ESO)
Martes 10, ás 10,30: Charla con Carlos Negro sobre a súa obra Makinaria (4º ESO).
Mércores 11, ás 12,30 e ás 13,20, vanse desenvolver dous obradoiros consecutivos para o alumnado de 1º de bacharelato para traballar prexuízos lingüísticos. (1º BAC)
Xoves, 12, ás 11,20 e ás 12,30, o actor noiés, Serafín Marcos, representará o seu espectáculo sobre a vida e a obra de Lois Pereiro (1º, 2º e 3º ESO)
Durante toda a semana realizaranse actividades nos recreos, no curruncho das Letras galegas, situado no corredor central do edificio, que van desde o visionado de vídeos sobre o autor, á lectura de poemas por parte do profesorado e mais do persoal non docente.
Toda a comunidade educativa participará nunha actividade que pretende unha reflexión sobre o significado Día das Letras Galegas a través dun cuestionario que está situado no punto das letras galegas e que contén as seguintes preguntas:
• Por que cres que hai un Día das Letras Galegas?
• Que opinarías se se cambiase o Día das Letras Galegas por outro día?
• Que pensas que se consegue cos actos organizados arredor da figura homenajeada o 17 de maio?
• Que razóns pode haber para escribir poesía en galego e non facelo en castelán que ten máis público?
Estas cuestións pode respondelas calquera no noso blog (www.blogoteca.com/ocastelodalua) e na nosa revista (www.bicodaria.gal). Coas respostas elaboraranse as oportunas conclusións que serán difundidas na revista Bico da Ría e no blog O Castelo da Lúa.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]