Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Temos un Premio Mestre Mateo!!!!!!

Como equipo pertencente á Coordinadora galega de ENDL estamos de noraboa! Onte, domingo 17 de abril, celebrouse a entrega dos premios do audiovisual Mestre Mateo. Alí outorgáronselle moitos galardóns ao filme 18 comidas, e a actores de renome coma Oliver Laxe ou Luís Tosar. Este ultimo foi un dos que participou naqueles vídeos nosos da campaña do Orgullo… recordádelo? “O galego  necesita máis protección”…

Pois a empresa Filmanova, que foi quen -de xeito altruísta- realizou os vídeos, recibiu o Premo á mellor obra publicitaria. Por conseguinte a CGENDL tamén recibiu un premio!

Moitas grazas a Filmanova por facer realidade o que para nós só era un proxecto.

 

 

 

Os vídeos da campaña do orgullo tiveron o premio á mellor obra publicitaria



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.