Imaxe de cabeceira
O IES rebole
A obra: “Os tres gatos cegos”

      Hai cousa dun mes os alumnos de 4º da E.S.O. e os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato, fomos de excursión de inglés ao Teatro Principal de Santiago de Compostela.
     A obra que fomos ver era “Os tres ratos cegos” de Agatha Christie. Tratábase dun fragmentiño titulado “Tempo pra matar”.

     A actividade iniciouse como calquera outra no noso I.E.S.: ás nove e vinte collemos o autobús. Durante o traxecto pasámolo moi ben, e en cuestión de vinte minutos aproximadamente chegamos a Santiago de Compostela. Os profes deixáronnos cousa de trinta e cinco minutos sós ás voltas por Santiago.
      Ás once e media iniciouse o espectáculo; a obra entendíase ben (case á perfección), pois os actores tiñan un inglés moi fácil de comprender.

      A acción desenvólvese nun hotel. Este abre as súas portas ese mesmo día; pero mentres non chegan os hóspedes, a dona prende a radio na que se comeza a emitir “unha obra para radio”que conta o asasinato dunha muller en Londres, e di como vai vestido o asasino. Cando comezan a chegar os hóspedes, a dona fíxase en que todos eles traen as mesmas vestimentas (as vestimentas que anteriormente se dixo na radio que levaba o asasino). No desenvolvemento da obra, chega ao hotel un home que di ser policía de Londres, que lle di á dona que o asasino da muller (da que se falara na radio) estaba escondido entre os hóspedes do hotel.
     O policía vai interrogando aos hóspedes un a un; pero nun momento dado prodúcese un asasinato: unha muller que noutros tempos fora xuíza aparece morta. Despois dun momento de tensión, o policía intenta matar á dona do hotel; pero unha das hóspedes evita que iso aconteza. A explicación, que se coñece ó final, é a seguinte: esta muller era irmá do policía, quen non era quen dicía ser, senón que era un dos rapaces que a xuíza que mataron lle otorgou á muller que fora asasinada en Londres. A dona do hotel fora a profesora dos rapaces, e o rapaz (xa adulto), quixo asasinala por non facer nada en contra dos malos tratos que sufrían .





Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.