Imaxe de cabeceira
PROXECTOS DO EQUIPO / Proxectos feitos / Abrindo portas en galego
Polonia

POLONIA




Polonia ( nome oficial : Rzeczpospolita Polska, República de Polonia) é un país situado en Europa Central. Limita ó norte co mar Báltico e Rusia, ó leste con Lituania, Bielorrusia e Ucrania, ó sur coa República Checa e Eslovaquia e ó oeste con Alemania. O país ten 312.684 km² de superficie

A súa capital é Varsovia. Outras cidades importantes son: Åódź, Cracovia WrocÅ‚aw, PoznaÅ„, GdaÅ„sk, Szczecin, Bydgoszcz, Katowice e Lublin.
A súa moeda é o zloty.
Dende o ano 2004 pertence á Unión Europea.

TERRITORIO

Aínda que nos mapas Polonia aparece como una chaira ininterrompida, o país ten una diversidade fisiográfica considerable. A altitude do país ten un promedio de 175 m que podemos considerar baixo si o comparamos co continente europeo, que é de 290 m; sen embargo, alcánzanse alturas de 2.499 m na cima dos montes Rysy e de 2.655 m nos montes Tatra e tan baixas como 1,8 m por debaixo do nivel do mar no delta do Vístula, no norte. Existe un marcado contraste entre as dúas terceiras partes do norte do país e a zona meridional restante.
A zona norte é una vasta rexión de chairas e colinas de pouca altura, dividida nas terras baixas do centro de Polonia, as colinas do Báltico e a chaira costeira. Una serie de vales alongados e pouco profundos atravesan as terras baixas centrais; ó norte encontrase a rexión das colinas do Báltico, salpicada de pequenas elevacións e lagos. Unha zona costeira de terras baixas, entre 40 e 100 km de anchura, discorre case pola totalidade da costa do mar Báltico, que con 491 km de lonxitude, é moi suave e regular, a excepción da baía de Pomerania no oeste e o golfo de Danzig (GdaÅ„sk) no leste. O tercio sur de Polonia está formado por varias zonas elevadas adxacentes. Ó sur, o sistema dos Cárpatos occidentais, que comprende os montes Tatra e Beskides, conten as maiores elevacións do país; no suroeste, os Sudetes, que Polonia comparte coa veciña República Checa, alcanzan unha altura máxima de 1.603 m.
As concas dos ríos Vístula e Oder drenan case todo o territorio septentrional polaco ata o mar Báltico; os restantes ríos do país tamén desembocan no Báltico. Polonia ten uns 9.300 lagos cunha superficie media superior a unha hectárea nas rexións das colinas do Báltico e na chaira costeira. Dous lagos, Sniardwy (Spirding) e Mamry (Mauer), superan os 100 km2 de superficie. Polonia ten 120 embalses, que se sitúan principalmente nas colinas do Báltico e nas montañas do sur, aínda que moitos están moi contaminados. Os ríos Vístula, Bobr, Nida, Wislok e Bug Occidental, así como o mar Báltico, están entre os principais sistemas que sofren dende fai anos os efectos dos vertidos industriais e desperdicios domésticos sen tratar; os esforzos que se levan a cabo intentan mellorar a filtración e o tratamento dos vertidos, pero a metade das fábricas de Polonia e un 40% das cidades non dispoñen de sistemas de depuración e filtración.



DIVISIÓNS ADMINISTRATIVAS
Polonia divídese en 16 rexións chamadas voivodatos (województwa; singular: województwo).

 

LINGUA OFICIAL E DIALECTOS
A lingua polaca é a lingua oficial de Polonia. Os polacos utilizan un alfabeto latino con algunhas letras e acentos adicionais.

O polaco ten cinco dialectos populares: slaski (de Silesia), malopolski (de Polonia Menor), mazowiecki (de Mazovia), wielkopolski (de Gran Polonia) e kaszubski (de Kaszuby), eco de antigos dialectos tribais que durante o desenvolvemento da língua polaca sufriron grandes modificacións e metamorfoses. Formáronse sobre todo lonxe de grandes centros urbáns, entre habitantes de pequenas cidades e nobres e campesiños dos pobos.

Un dos dialectos, o kaszubski, é considerado, por algúns lingüistas, língua independiente.

CLIMA

Polonia ten tanto características do clima moderado de Europa occidental como do severo clima continental da Europa oriental. O clima da parte occidental pódese clasificar como mariño na costa oeste e continental húmido de veráns fríos na parte leste. As condicións meteorolóxicas son moi variables, particularmente no inverno.
En xaneiro, o promedio das temperaturas varía entre -1 ºC no oeste e -5 ºC nas montañas do sur. En verán as temperaturas decrecen en dirección noroeste, dende 20 ºC no sureste ata 17 ºC cerca do Báltico. Ó longo do ano as temperaturas máis cálidas poden superar os 40 °C e as máis baixas poden caer por debaixo de -40 °C.
As precipitacións medias anuais totais de Polonia ascenden a 610 mm, pero varían desde los 1.195-1.500 mm nas montañas ata os 450-600 mm nas terras baixas. As precipitacións en verán son o dobre das recibidas no inverno.

GASTRONOMÍA

A cociña polaca ( kuchnia polska) é unha mestura de gastronomías de orixe eslavo, alemán, así como tradicións culinarias propias da zona. Está moi relacionado coas gastronomías eslavas no uso de avea e outros cereais, pero foi influenciada baixo as gastronomías turca , alemana, húngara, xudía, armenia, francesa ou as cociñas coloniais do pasado. Pódese dicir con gran xeneralidade que a cociña polaca é rica, sustanciosa e relativamente alta en graxas.
A gastronomía polaca emprega unha grande variedade de ingredientes, e os seus pratos son ricos en carne e especias.
Algúns pratos típicos son: barszcz (sopa de remolacha), zurek (sopa de fariña de sabor ácido), bigos (chucrut ou col fermentada ácida con trozos de carne e salchichas), schabowy (chuleta de cerdo rebozada) e makowiec (torta caseira de semillas de papoula)
En canto ás bebidas, engadir que hai catro variedades de hidromel polaca na lista de Especialidades Tradicionais Garantidas da Unión Europea.

AEROPORTOS POLACOS
• Varsovia,
• Gdansk,
• Katowice,
• Cracovia,
• Poznan,
• Rzeszow,
• Szczecin,
• Wroclaw.

 

 

POLACOS FAMOSOS
• Copérnico, astrónomo e matemático.
• Maria Sklodowska Curie, científica, Premio Nóbel de Física en 1903, Premio Nóbel de Química en 1911.
• Karol WojtyÅ‚a, Papa Juan Pablo II.

• Alfred Tarski, matemático e lóxico e coautor con Banach dunha famosa paradoxa: Banach–Tarski paradox.
• Shimon Peres, presidente do Estado de Israel
• Fryderyk Chopin, gran músico e compositor.
• Manfred von Richthofen, coñecido como “ Barón Rojo ”As da Forza Aérea alemán durante a Primeira Guerra Mundial
• Pola Negri, actriz famosa no cine mudo de Hollywood e Europa.
• Henryk Sienkiewicz, escritor, Premio Nobel de Literatura en 1905.
• Rosa Luxemburgo, teórica marxista.
• Lech WaÅ‚Ä™sa, líder sindical revolucionario, presidente de Polonia entre 1990 y 1995.

• Roman Polanski, director de cine

KORCZYNA
Korczyna está situada no sur de Polonia.

Korczyna (Gmina Korczyna) é uma gminy (comuna) na Polonia, na voivodia de Subcarpácia ( Podkarpackie ) e no condado de Krosnienski. A sede do condado é a cidade de Korczyna. Atópase en latitude 49 ° 43 ‘, lonxitude 21 ° 49′, a 7 kilómetros ó noreste de Krosno, 38 km ó sur da capital provincial Rzeszów, e 278 ó sur de Varsovia.

 

 

De acordo cos censos de 2004, a comuna ten 10.695 habitantes, cunha densidade de 115,7 hab/km².

 


 

Entre os anos 1776 e 1919 Korczyna pertence ao imperio Austrohúngaro, dentro da provincia de Galicia. Trala derrota austríaca na Primeira Guerra Mundial, pasa a formar parte de Polonia. Korcyna está situada a 49º 43′ e 21º 49′ de latitude e lonxitude respectivamente. Atópase a 4’8 quilómetros ao nordés de Krosno, a 69 quilómetros cara o oeste de Premysl e a 286 quilómetros ao sueste de Varsovia.

Korczyna estaba en Galicia, unha provincia imperial de Austria – Hungría (1776 a 1919), e foi cedida a Polonia despois de que Austria perdera a Primeira Guerra Mundial .

 

PODKARPACKIE

Superficie: 17 890 km2
Poboación: 2 100 000 habitantes

Grandes cidades: Rzeszow, Przemysl, Tarnobrzeg, Krosno
O Voivodato de Subcarpacia ( Województwo podkarpackie) é unha das 16 provincias (voidodatos) da República de Polonia. A súa capital é a cidade de Rzeszów.
Ten unha superficie de 17.296 km², unha poboación de 2.097.000 hab (2004). Está dividido en 20 distritos (powiats), 4 distritos urbanos e 160 comunas. O seu nome fai referencia a súa situación xeográfica ó pé dos Cárpatos. Ó punto máis austral é a localidade de Muczne, case na fronteira con Ucrania e parte do Parque Nacional de Bieszczady (UNESCO).

Información:

• Wipipedia
• http://www.poland.gov.pl/
• http://www.madrid.polemb.net/
• Geografía descriptiva. La enciclopedia del estudiante.
El País-Santillana

AMARO SACO BEIROA.
Decembro 2009




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.