Imaxe de cabeceira
O IES rebole
O dereito como alicerce da vida

A charla dada o día nove deste mes con motivo da semana cultural tratou sobre o dereito, explicóusenos diversas cousas sobre as normas ao meu parecer moi interesantes porque é algo que usamos a cotío e nos axuda. A forma de expoñer non estivo nada mal, desta o que máis me gustou foi a presenza de diapositivas, as cales contiñan numerosas fotografías, tamén estivo ben o vocabulario usado, acorde co dos alumnos de 3º de ESO, o cal é un punto ao seu favor porque permite unha maior comprensión e fai que sexa máis levadeira, outro factor importante foi o ton do narrador, sempre constante e moderado coas pausas pertinentes.

Ao finalizar este letrado explicounos que era posible estudar calquera carreira en Galego poñendo a súa propia experiencia como exemplo o cal se agradece.

Para rematar gustaríame mencionar que para min esta foi unha, se non a máis importante, das charlas que recibimos con motivo da semana cultural.

 

 

                                                                                                                                                                                        Alberto Franco Figueira




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.