Tadashi Yamamoto. Antropólogo. Profesor catedrático da Universidade de Tenri, Xapón. Dedícase ós temas antropolóxicos de México como; festas calendáricas e cosmoloxía dos antigos mexicas (aztecas), ritos agrícolas e sincretismo dos indíxenas contemporáneos, e movinento social e cultural dos migrantes indíxenas mexicanos nos Estados Unidos de América. Como personal docente do Departamento de Estudios Hispánicos da dita universidade, dende o ano 2004 organiza o programa da lingua e cultura española nas colaboracións cos Cursos Internacionail da USC. Polos intereses na cultura e sociedade galega, participou no Curso da Lingua Galega para os Estranxeiros do ILG-USC no ano 2005, e ó mesmo tempo comenzou a realizar conferencias verbo a cultura xaponesa na lignua galega no I.E.S. Chano Piñeiro (Forcarei) co motivo de intercambio cultural entre ámbolos dous países. Acaba de presentar unha conferencia titulada “Galicia-Xapón, unha ponte cultural” en Vilalba, organizada por A Voz de Vilalba e o Instituto de Estudios Chairegos, o día 19 de febreiro de 2010.
Estará no centro o vindeiro venres 26 de febreiro ás 10,30 da mañá
Vainos explicar cousas de Xapón, da cultura xaponesa, da súa escrita, da música…
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]