Imaxe de cabeceira
O IES rebole / Rianxiño viaxa
O intercambio con Vilalba
O pasado día 25 de maio, efectuouse o intercambio que levabamos tempo organizando co IES de Vilalba.
 
Tras moito percorrido en autobús e de tres longas horas nas que se matou o tempo de calquera xeito, chegamos ao noso destino, un vello instituto no que nos agardaban os alumnos contentos, cun sorriso de orella a orella.
 

Fomos ao salón de actos,onde nos tocaron dúas pezas musicais, moi bonitas e harmoniosas, e nos leron un texto acerca da paisaxe e dos autores que tiñamos en común.

 

 Tamén visitamos a biblioteca, un espazo pequeneiro, pero cunha elaborada exposición de herbas e plantas do medio no que viven, e unha ampla recopilación de libros de distintos autores galegos, e alí faláronnos dos máis destacados.

 

 

 

 

A continuación, fomos a pé ata o castelo de Vilalba, erixido no século catorce e que conta coa segunda e última torre hexagonal de España.

 

 

Era moi bonito por dentro, decorado case coma na época cos mobles máis aceitados.

 A partir de aí, ofrecéronnos un aperitivo no comedor do IES e fomos ver o carballo máis grande da zona.

Era enorme, cun tronco forte e robusto e cunhas ramas longuísimas, coma dúas clases xuntas.

 
Tamén nos levaron ao museo arqueolóxico de Viladonga e ao castro que alberga fóra dos seus muros.
 
Finalmente, finalizamos a visita nun inmenso pedregal onde nace o río Miño, o Pedregal de Irimia, que abranguía unha aba dunha montaña.
 
Foi un día moi entretido e instructivo. 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.