Imaxe de cabeceira
O IES rebole / Rianxiño viaxa
O intercambio con Vilalba

O luns 25 de maio realizamos un intercambio cultural  ó I.E.S SANTIAGO BASANTA SILVA(VILALBA).
Saímos as 8.30 do noso instituto, e as 10.30 recibíronnos no salón de actos cunha pequena actuación musical acompañada de diapositivas. Logo fixemos unha pequena visita á biblioteca do centro onde fixeran unha exposición en homenaxe á Terra Chá. Alí un dos profesores foinos explicando en que consistía todo e facendo un resumo da exposición. Por  último vimos unhas táboas pintadas por un pintor de Vilalba, e tivemos a sorte de que nos agasallaran con unha para o noso centro.Sobre as 12 tomamos un aperitivo que nos tiñan preparado na cafetería do centro: tortilla,empanada,un doce e un queixo"San Luís" tipicos de alí.
Visitamos o centro histórico de Vilalba: a igrexa, a Torre dos Andrade… vimos como era por dentro o parador etc. A min persoalmente gustoume moito xa que o parador estaba todo decorado como a época medieval.
Logo fomos ó Carballo de Luxís onde sacamos algunhas fotos e léronse algún poemas en homenaxe á poesía chairega no centenario de Aquilino Iglesia Alvariño, e tamén vimos o río Miño.
Máis tarde, sobre as 3 da tarde xantamos, aínda que por causa do mal tempo non puidemos ir xantar á Fonte Miña, e tivemos que facelo nun polideportivo. Ó rematar fomos ó Pedregal  de Irimia onde vimos o nacemento do río Miño, visitamos en Castro de Rei o museo e os castros ali descobertos, e aquí rematou a viaxe. Foi moi interesante, e pasámolo moi ben,aínda que entre o frio e a chuvia se facía máis pesada e cansa.
Dámoslles as grazas ós nosos compañeiros de Vilalba e un saúdo para todos eles.
 





Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.