Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Celso Fernández Sanmartín. Contacontos

O pasado luns 18 de maio, Celso Fernández Sanmartín mantivo un encontro co alumnado de 1º e 2º de ESO. Varios relatos recollidos da tradición oral galega, provocaron gargalladas nos asistentes a esta sesión

Celso comezou  contándonos que tiña una “horta de músicos”, cousa moitos dos alí presentes  non acabamos de entender.

El traballou nunha residencia da cal el sacou os contos que ia contar.

A primeira historia que contou foi a primeira  que oíu, sucedeu no centro de Galicia, entre Lalín e Pontevedra, na Serra do Candán no Pico de San Benito: “estaba un lobo tomando o fresco e aparecéuselle un raposo, e o lobo como tiña gañas de enfrontarse a un humano pediulle axuda ao raposo para que o levase xunta un deles, o raposo aceptou e foi en busca dun humano. O primeiro que atopou era un cazador que ía coa escopeta ao lombo. Ó velo, o lobo decidiu atacalo e comezou a correr cara el, o home estaba asustado e era incapaz de facer nada e o animal seguía aproximándose. De repente cas xemas de dous dedos rozou o gatillo da escopeta e foi quen de collela e disparar ao lobo, coa mala sorte de que a vala só lle pasou rozando unha orella. É coñecido o dito que di que o lobo ten medo as avespas e pensando que a vala o era marchou asustado. Foi xunta o raposo e díxolle que lle tiña que enxeñar un home de verdade, este levouno xunto ao ferreiro do pobo. Cando chegaron alí o lobo púxose contento xa que estaba cara a cara co ferreiro. O lobo ergueuse nas patas traseiras e cunha maza dispúxose a atacar ó ferreiro pero este colleu unhas teazas de ferro ardente e pilloulle a nariz. O lobo asustado marchou escopeteado e cando chegou  xunto ó raposo díxolle que o humano era máis valente e ruín que calquera animal”.

A segunda historia trata dunha señora que emigrara a América e como non puidera escribirlle á súa familia  comunicándolles que chegara ben,  estes pensaban que morrera, polo que lle fixeron un enterro. Tres  días despois, chegou a súa carta a parroquia e tiveron que facer unha misa de resurrección e deste xeito “resucitala”.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.