Durante a semana das Letras Galegas elaboramos uns carteis conmemorando o persoeiro homenaxeado das Letras Galegas 2009: Ramón Piñeiro, sobre o que xa estivemos traballando todo este curso.
Estes carteis foron colgados nos dous edificios. No pavillón grande puxémolos en tódalas portas das clases. Desde 3º ata bacharelato hai carteis nos que aparecen frases destacadas deste persoeiro nas que dá a súa visión sobre a lingua galega
Algunhas son:
“O pobo é a unidade natural de convivencia, a cultura é a súa forma e a lingua o seu vehículo.”
“Non se decataban de que a superioridade dos desprezadores era económico-social e non idiomática.”
“A lingua é a bandeira da nosa solidariedade moral, e a solidariedade é a base imprescindible do noso progreso, do noso desenvolvemento.”
“Toda comunidade social que chega a crear unha lingua de seu manifesta o seu rango de pobo.”
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]