O pasado 3 de abril o alumnado de 4º de ESO e 2º de bacharelato visitamos o I.G.A.F.A. (Instituto Galego de Formación en Acuicultura). A saída estaba organizada polo departamento de Física e Química así que fomos acompañados por Pepa e Mónica.
Á nosa chegada á Illa de Arousa, que é onde está o IGAFA, fomos recibidos por dous profesores dos ciclos medio e superior de acuicultura que actuaron como guías. Ensinánronnos as instalacións do centro e déronnos a información necesaria sobre os ciclos que eles imparten, incluído o ciclo medio de mergullo a media profundidade. Visitamos os tanques onde crían os peixes, moluscos e crustáceos, ademais do fitoplacton e
zooplacton para alimentalos. Tamén nos ensinaron a batea e gaiolas para peixes e crustáceos que teñen no mar para que os alumnos fagan as prácticas, a cámara de presión, material de mergullo e as piscinas onde se practican as inmersións, soldadura baixo a auga … Esta visita levounos máis do previsto polo que non nos deu tempo a facer un percorrido polo contorno como tiñamos pensado, así que despois de visitar a cafetería do centro voltamos para Rianxo.
Ese día estaba o centro moi revolto xa que tiñan un acto de estrea da súa páxina Web. Por se vos interesa información sobre os ciclos formativos que se imparten neste centro, este é o enderezo: www.igafa.es/
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]