Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
De “Resistencia” de Rosa Aneiros a Peniche

De entre todos os libros que nos mandaron ler os profes de galego un dos que máis nos chamou a atención foi “Resistencia” de Rosa Aneiros. Está ambientado na ditadura de Salazar en Portugal, nárrase a historia de amor entre dúas persoas que loitan contra a ditadura. Despois de ler este libro no que aparecían diversos lugares do noso país veciño, Portugal quedounos a curiosidade de saber algo máis sobre eles. A continuación amosarémosvos información dalgúns sitios mencionados no libro que nos chamaron á atención.

A Marinha Grande é unha cidade portuguesa no distrito de Leiria. É sede dun município con 181,37 km² de área e 34 153 habitantes (2001), subdividido en 3 parroquias. O município está limitado ao norte e o leste polo município de Leiria, ao sur por Alcobaça e ao oeste ten o litoral no oceano Atlántico.

Desde o principio do século ata a década dos 90, a evolución demográfica da Marinha Grande foi positiva. O desenvolvemento do sector industrial na Marinha Grande, está na base de tal crecemento poblacional.

São Pedro de Moel pertence ó concello da Marinha Grande, distrito de Leiria.

Como puntos de grande interese temos a Praia Velha, o Penedo da Saudade e o farol e a Ribeira de Moel, todo isto lixeiramente ao norte. Ao sur, temos as praias de Paredes da Vitória e Água de Madeiros.

No interior do piñeiral, na zona de São Pedro de Moel, existen varios parques de merendas extremamente agradables e tamén a famosa Volta dos Sete, que é um percurso lindísimo de aproximadamente 7Km, que mestura mar, pinhal e praia, con monte, parques, fontes e riachos.

PENICHE

Peniche é unha cidade portuguesa tamén no distrito de Leiría, rexión Centro e sub-rexión do Oeste. Peniche ten varios quilómetros de costa marítima onde se pode encontrar unha grande variedade de praias de finas areas e augas limpas que chegan a ter extensións de varios quilómetros. A cidade encóntrase edificada nunha península que ten como punto máis ocidental o Cabo Carvoeiro.

A costa está formada por impoñentes rochas e por magníficas e enormes praias de baños, extendéndose sobre o oceano nun desfilar constante de aspectos sorprendentes que marabillan os ollos dos visitantes.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.