Desde www.consellodacultura.org poderase reproducir ou descargar dez documentos sonoros con fragmentos de entrevistas, reflexións, programas radiofónicos e intervencións parlamentarias protagonizadas por Ramón Piñeiro (Láncara-Lugo, 1915-Santiago de Compostela, 1990) , a quen este ano se dedica o " Día das Letras Galegas " e que foi unha figura relevante do galeguismo tanto no ámbito político (membro do Partido Galeguista ) e cultural (fundador e primeiro director da Editorial Galaxia e da revista Grial ) ademais de ser deputado do Parlamento de Galicia e Presidente do Consello da Cultura Galega (1983-1990).
Estes documentos están a disposición do público sempre que non se lle dean un uso comercial . Os documentos son os seguintes:
Tertulia sobre as Fundacións (Radio Nacional de España), doado por Avelino Pusa Antelo.
Da terra e dos tempos. Emisión cultural en galego (Radio Nacional de España), doado pola Asociación Cultural “O Facho”.
Reflexións sobre o galeguismo. Tres conferencias. Doadas polo Liceo Recreo Ourensán e dúas polo semanario “A Nosa Terra”.
O Espello: Trinta anos de Galaxia. (Radio Popular de Ferrol). Doado polo Patronato de Cultura Galega de Montevideo.
Debate da Lei de Normalización Lingüística. Doazón do Parlamento de Galicia.
A intervención de Ramón Piñeiro na clausura do Encontro sobre culturas minoritarias europeas, celebrado en Compostela en 1987. E dúas entrevistas doadas por Antón Mascato.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]