É unha forma de contaminación atmosférica que actualmente é obxecto de gran controversia debido aos extensos danos medioambientais que se lle atribúen. Fórmase cando os óxidos de xofre e nitróxeno se combinan coa humidade atmosférica para formar ácido sulfúrico e nítrico, que poden ser arrastrados a grandes distancias do seu lugar de orixe antes de se depositaren en forma de choiva. Adopta tamén ás veces a forma de neve ou néboa, ó precipitarse en forma sólida.
Foi descrita por primeira vez en 1872 por un químico inglés e segue sendo un dos problemas do mundo industrializado máis difíciles de resolver. O que á humanidade lle custou séculos construír e á natureza milenios da evolución, estase degradando e destruíndo en cuestión de poucos anos.
Causas e causantes
Normalmente, a choiva é lixeiramente ácida, porque ó caer disolve algo de dióxido de carbono atmosférico (o seu pH soe estar entre 5,5 e 6). Pero na actualidade, en rexións industrializadas, a auga da choiva ten un pH que pode acadar valores de ata 1,5, polo que se denomina choiva ácida.
A choiva ácida débese á presenza na atmosfera de certos contaminantes, principalmente óxidos de xofre e óxidos de nitróxeno.
Os óxidos de xofre fórmase por diversos procesos. A mesma natureza é responsable de moitas emisións de SO2 nas erupcións volcánicas.
Nas zonas industrializadas, vértese á atmosfera gran cantidade de dióxido de xofre nos procesos de combustión de carbón, petróleo e derivados, que soen conter de 1 a 3% de xofre, que se transforma en óxido na combustión. S + O2à SO2
Este dióxido atmosférico oxídase lentamente, formando trióxido de xofre, que con vapor de auga, dá ácido sulfúrico:
2 SO2 + O2à SO3
SO3 + H2O à H2SO4
que se disolve nas gotas de auga, dando lugar á choiva ácida.
O monóxido de nitróxeno, fórmase por reacción directa, a elevada temperatura, entre o nitróxeno e o osíxeno do aire, como ocorre nos motores de combustión interna (automóbiles e avións).
Cando o NO para á atmosfera, oxídase lentamente formando dióxido de nitróxeno, que, á súa vez, reacciona coa auga para formar ácido nítrico, que, disolto nas gotas dá lugar á choiva ácida: 2 NO + O2à NO2
3NO2 + H2O à 2 HNO3 + NO
A choiva ácida produce efectos moi prexudiciais. Impide a vida dos peces e outras especies animais, en ríos e lagos, que se van acidificando continuamente. A vida vexetal tamén se ve afectada, pois a choiva ácida mata os microorganismos dos solos, que son os responsables da fixación do nitróxeno atmosférico.
Pode disolver a capa de cera que protexe as follas das árbores e causar graves danos (deforestación) nas zonas boscosas.
Tamén deteriora as catedrais, así como outras construcións e monumentos antigos en particular os construídos con pedra caliza ou con mármore, CaCO3, que se disolve facilmente. CaCO3 + H2SO4à CaSO3 + H2O + CO2
Na actualidade, estanse facendo grandes esforzos para reducir a contaminación por óxido de xofre e de nitróxeno e evitar así a choiva ácida. No do dióxido de xofre, a forma máis directa sería eliminar o xofre dos combustibles fósiles, carbón e petróleo, pero isto, ademais de difícil é moi custoso. Unha alternativa máis barata, aínda que menos eficaz, é eliminar o SO2 dos gases producidos na combustión, mediante reacción con óxido de calcio. Soe facerse inxectando pedra caliza, carbonato de calcio, en po no queimador ou no forno da planta xeradora de enerxía, co que se producen as reaccións:
CaCO3 + CO2à CaO
CaO + SO2à CaSO3
Nas industrias metalúrxicas, estase intentando recuperar o SO2, producido na tostación de minerais sulfatos, e aproveitando para fabricar outros produtos químicos, entre outros ácido sulfúrico.
Tamén estase adoptando varias medidas para reducir a contaminación por óxidos de nitróxeno, modificando as condicións da combustión interna dos motores, para reducir a formación do NO e, ademais, utilizando o convertedor catalítico.
Así, evitamos lanzar gases tóxicos na atmosfera, emitindo, no seu lugar, CO2,N2, H2O
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]