A adolescencia de Piñeiro transcorreu case toda na aldea, aínda que antes estivo en Lugo estudando os cursos do bacharelato elemental. En Láncara fixo a vida propia dos nenos do campo: axudar na arada e na sega, leva-las vacas ó monte e realiza-los traballos que correspondía ós rapaces campesiños da súa idade.
Ir coas vacas ó monte era a tarefa que máis lle gustaba, pois permentíalle ler, unha afección que collera en Lugo durante os seus anos de estudante. Lía sobre todo libros de poesía que trouxera da capital: tres tomiños cos poemas de Ossián un tomiño cos versos de Dante, Petrarca e e Torcuato Tasso e unha escolma da poesía galega feita polo escritor coruñés Wenceslao Fernández Flórez, nas páxinas da cal leu Piñeiro por primeira vez a Rosalía de Castro,
Neses anos, a sociedade seguíao empuxando a formular problemas de tipo intelectual, coa mesma curiosidade e interese que se enfrontara ó enigma do tren. Unha parte das súas preocupación era de tipo relixioso, que o levaron a vivir experiencias de grande intensidade emotiva, case místicas. Tamén o preocupaba o enigma da infinitude do espazo.
Un alivio para a súa sociedade foi a amizade que iniciou daquela cun mozo da súa mesma parroquia, licenciado en Dereito, fillo do secretario do concello, a quen Piñeiro lle comunicaba as súas preocupacións e con quen discutía de política nacional e internacional, un asunto que seguía con atención a través dos periódicos.
Da afección de Piñeiro pola lectura dos periódicos, que era ben coñecida na aldea, derivou o costume de que os domingos, despois da misa, no agro da igrexa, os veciños rodeaban o rapaz para para facerlle preguntas sobre o que pasara en España e no mundo. Piñeiro facía análise dos feitos e predicións do que podía suceder no futuro, que por se confiaren ás veces posteriormente outorgábanlle o creto de ser unha persoa moi intelixente.
Por ese mesmo motivo, Piñeiro converteuse nunha axuda nunca axuda para moitos dos seus veciños, que empezaron a acudir a el para que lles lese as cartas dos familiares que estaban na emigración ou para que lle escribise as cartas de resposta.
Por recomendación daquel veciño licenciado en dereito que tiña amizade con Piñeiro, o pai decidiu que o rapaz marchase da aldea, onde facía a vida dun campesiño, e seguise estudando.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]