Vota á Terra simplemente apagando as túas luces durante unha hora e únete ao mundo pola “Hora da Terra”.
Sábado 28 de marzo de 8:30 a 9:30 da tarde.
Traducido da páxina www.earthhour.org
VOTA POLA TERRA
A TÚA CHAVE DA LUZ É O TEU VOTO
Este ano a “Hora da Terra” foi transformada na primeira elección global entre a Terra e o quecemento global.
Por primeira vez na historia, xente de todas as idades, nacionalidades, razas e estratos sociais, teñen a oportunidade de usar o seu interruptor como voto. Apagar as luces é un voto pola Terra e deixalas acesas é un voto para o quecemento global.
WWF está animando ao mundo a votar pola Terra e acadar o obxectivo de mil millóns de votos, que serán presentados aos dirixentes do mundo na Conferencia do Cambio Climático Global en Copenague en 2009.
Este encontro determinará as políticas guvernamentais oficiais para actuar contra o quecemento global, que reemplazarán ao Protocolo de Kyoto. Esta é a opurtunidade para que a xente do mundo se faga oír.
“A Hora da Terra” comezou en Sydney no 2007, cando 2.2 millóns de fogares e negocios apagaron as súas luces durante unha hora.En
No 2009, “A hora da Terra” irá máis lonxe, coa meta de mil millóns de persoas apagando as súas luces como parte dun voto global. A diferencia de calquera outra elección, non se trata do país de orixe senón do planeta de orixe. “ Vote Earth”(vota a Terra) é unha chamada global á acción para cada individuo, cada empresa e cada comunidade. Unha chamada para erguerse e tomar o control sobre o futuro do noso planeta, para xeracións futuras.
Vota á Terra simplemente apagando as túas luces durante unha hora e únete ao mundo pola “Hora da Terra”.
Sábado 28 de marzo de 8:30 a 9:30 da tarde.
Traducido da páxina www.earthhour.org
ALUMNADO DE 1º BACH. GRUPO A
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]