Imaxe de cabeceira
O IES rebole / Rianxiño viaxa
O Félix Muriel xa ten dimensión europea: de cómo Os quinse máis votados chegaron a Alemaña

A min envíaronme como embaixadora do Félix Muriel carrexando unha maleta ateigada con folletos turísticos, coas camisetas do ENDL, cos murais de presentación de 1º A … e cunha mostra da nosa música –os CDs OS QuinSe MáiS VotadoS elaborado o curso pasado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL), que podo asegurar que tiveron un éxito espectacular entre o alumnado do KBS.

Todo comezou na terra de Ro

bert  Burns, onde o pasado agosto nos xuntamos 40 profesores de inglés de 16 países europeos distintos para achegarnos á historia, á literatura e ás linguas de Escocia, para aprender  novas metodoloxías da ensinanza do inglés,  para comparar as nosas experiencias como docentes  e, por suposto, tamén para acudir a eventos do Festival de Edimburgo.

Foi  precisamente en  Dunfermline, antiga capital de Escocia, onde xurdiu a idea dunha Asociación Escolar dentro do programa Comenius. Este programa permite a un mínimo de tres centros  de diferentes nacionalidades  asociarse para traballar conxuntamente sobre un tema co obxectivo de  explorar  outras culturas e outras formas de pensar e de vivir.  Tamén posibilita a mobilidade de alumnado e profesorado, que pode realizar visitas aos países socios durante os dous anos que dura o proxecto.

En Dunfermline, Birgit, Anna e Poppy, profesoras de Alemaña, Polonia e Grecia respe

ctivamente, contaxiáronme o seu entusiasmo por un proxecto  destas características e nada máis volver aos nosos lugares de orixe,  as catro comezamos a poñer en marcha a asociación. Unha en Nordhorn, outra en korczyna, a terceira  en Cos e eu aquí,  en Rianxo, todas soñando con que tamén o noso alumnado puidera vivir a marabillosa experiencia de cruzar fronteiras e superar barreiras de comunicación para  comprobar que persoas de lugares tan afastados comparten tantas inquietudes con nós.

Obtida a aprobación dos nosos equipos directivos e a implicación dos nosos colegas e alumnado, cumpría  xuntarnos para intercambiar información sobre os nosos centros e para planificar os dous anos de cooperación ( o tema, as viaxes, o método de traballo e de avaliación, as responsabilidad

es de cada un…). O centro coordinador de Alemaña  (kBS Nordhorn) ofreceuse a ser o anfitrión e organizou unha visita preparatoria do 20 ao 25 de xaneiro.

Desgraciadamente,  as profesoras de Grecia e Polonia só puideron asistir virtualm

ente. A min

envíaronme  como embaixadora do Félix Muriel  carrexando unha maleta  ateigada con folletos turísticos,  coas camisetas do ENDL,

cos murais de presentación de 1º A … e cunha mostra da nosa música –os CDs OS QuinSe MáiS VotadoS elaborado o curso pasado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL), que po

do asegurar que tiveron un éxito espectacular entre o alumnado do KBS.

Qué destacar da visita? Podería falar dos canais que atravesan Nordhorn sobre os que é posible  patinar no inverno, das saborosas filloas que se comen do outro lado da fronteira con Holanda, a só catro km, e  do lucio-perca, un peixe case descoñecido para nós  e que figura alí en tódolos menús. Podería destacar o asombroso interese do alumnado de español do KBS, que me pediu que lles dera unha clase de galego .Tamén podería  mencionar que a materia equivalente á nosa “Educación para a Cidadanía” é alí obrigatoria desde o fin da segunda guerra mundial.  E para rematar podería dicir que nesa rexión todos--nenos/as, mozos/as e vellos/as, alumnado e profesorado—empregan como medio de transporte  as bicicletas, que están por todas partes en tal abundancia  que nalgúns lugares, como as rúas peonís da cidade universitaria de Münster,empezan a converterse  nun problema .

Podería, claro está, estenderme moito máis. Pero que sexa algún ou algunha dos alumnos/as afortunado/as do Félix Muriel, cando viaxen grazas ao programa Comenius, quen continúen este relato de como  viven outros europeos, de que lles interesa saber sobre nós  e, sobre todo, da facilidade con que xermolan  as amizades transfronteirizas cando estamos dispostos a  abrirnos aos que non semellan ser coma nós.

o que sexa algúame="Generator">

Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.