Como membros da Coordinadora de ENDL do Barbanza imos participar, por segundo ano consecutivo, na edición do Correlingua 2009, que este ano se vai desenvolver na Pobra.
A edición de Correlingua 2009 organizado pola Coordinadora de Equipos de Normalización lingüística do Barbanza, apoada pola organización nacional do Correlingua, discorrerá nesta edición pola vila da Pobra do Caramiñal o día 12 de maio.
Arredor de 20 centros de ensino, con alumnado que vai desde infantil ata bacharelato imos pedir a “normalización” da nosa lingua, o respecto e o aumento de usos. O lema escollido este ano, que abandeirará tódalas carreiras que se celebren na nosa comunidade é: En galego, pásao.
A organización confía nunha importante participación e igual có ano pasado, o primeiro que esta coordinadora se encargou de celebralo, participará alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria da bisbarra. Ó remate lerase o manifesto premiado pola organización nacional do Correlingua, que este ano pertence ó Grupo de 4º da ESO do CPI de Panxón (Nigrán).
CORRELINGUA 2009 no Barbanza
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]