É unha celebración que as Nacións Unidas declararon no ano 1978, pero que ten a súa orixe no ano 1908 en Nova York. A inicios do século XX, moitas mulleres comezaron a traballar en fábricas nunhas condicións moi duras:
- Xornadas laborais longuísimas, de 12 horas ou máis.
- Recibindo salarios inferiores ós homes.
Pero, pouco a pouco, resultaba máis evidente que aquela situación non era xusta e comezaron a organizarse.
O 8 de marzo de 1908, na fábrica textil “Cotton” de Nova Cork, morreron calcinadas 146 mulleres traballadoras nun incendio provocado polas bombas incendiarias que lles lanzaron ante a negativa de abandonar o encerro no que protestaban polos baixos salarios e as infames condicións de traballo que padecían.
O 8 de marzo é xa unha data consolidada para que poidamos reflexionar acerca das condicións vitais e laborais da muller traballadora no mundo e na sociedade na que vivimos. Non cabe dúbida de que se conseguiron moitos avances no século que nos separa desa primeira data e temos que recoñecer que a consecución desa utopía só é certa en determinados lugares do planeta e nin sequera, neses casos, pódese falar en termos absolutos. Aínda no mundo seguen existindo lugares nos que as condicións de traballo das mulleres as converten en escravas.
No noso país aínda que se avanzou moito nos últimos anos estamos lonxe de conseguir unha situación de plena igualdade entre homes e mulleres. Os salarios das mulleres soen ser case un vinte e cinco por cento máis baixo cós dos homes, en igualdade de condicións profesionais.
Por se fora pouco, a muller destina cinco horas e doce minutos máis por xornada laboral ás tareas domésticas cós homes, de modo que mentres o fogar segue sendo para o home o “repouso do guerreiro” para a muller é un segundo centro de traballo que non está remunerado. A discriminación máis elevada sófrena as inmigrantes xa que, por ser mulleres e por ser inmigrantes sofren un dobre proceso de discriminación.
Alegrémonos polas conquistas, pero temos que ter conciencia de que tamén na nosa propia casa, e non só neutros países, queda aínda moito por facer
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]