Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando / Globalingualizando
Co galego podémonos entender en… Timor Leste

Ocupa a banda oriental da illa de Timor e tamén ten fronteira marítima con Australia, no mar de Timor, ó sur. A súa capital é Dili.

Ademais do portugués ten tamén como lingua oficial o: tétum.

Os portugueses foron os primeiros europeos en chegar á área, en 1512, na procura de madeira de sándalo xa que abundaba nesta illa. Coa chegada ao trono de Portugal de Felipe II  Rei de España, os españois exerceron o dominio sobre a illa durante uns 60 anos usándoa de posición estratéxica contra os intereses coloniais das Provincias Unidas (actual Holanda).Durante catro séculos, os portugueses utilizaron o territorio para fins case exclusivamente comerciais.

Non foi até a década de 1960 cando a capital Dili dispuxo de luz eléctrica e ata a década seguinte cando dispuxo de auga potable, sumidoiros, escolas e hospitais. O resto do país, sobre todo nas áreas rurais, continuaba atrasado.

Despois da “ Revolución dos Cravos” en Portugal, a illa decidiu independizarse da metrópole en agosto de 1975, pasado o poder a mans do FRETILIN (Fronte Revolucionaria de Timor Leste   Independente), que proclaman a república o 29 de novembro do mesmo ano. Pero esta independencia durou pouco. O xeneral Suharto, gobernante de Indonesia, mandou tropas do exército a invadir a illa. O 7 de decembro, os militares indonesios desembarcan en Dili, ocupando todo Timor, a pesar do repudio da Asemblea Xeral da ONU. O 20 de maio de 2002 conseguiron a restauración da Independencia.

O seu clima é ecuatorial, con dúas estacións anuais. Pódense considerar tres zonas climáticas: a do norte, menos chuviosa; a central -con moitas precipitacións- e a do sur, que é a máis chuviosa e a que ten máis vento.

Podemos pasear a pé, a partir das ruínas dunha antiga pousada en Hatubuilixo.

Podemos observar ata 25 aves distintas no distrito de Lautein, tamén podemos ver con facilidade golfiños e baleas.

  

As cores da bandeira significan:

   Amarelo: os restos do colonialismo.

   Negro: o obscurantismo que é preciso vencer.

   Branco: a paz.

   Vermello: loita pola liberdade nacional.





Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.