O pasado venres, 13 de febreiro, os alumnos de 1º da ESO do IES Félix Muriel, asistiron a un obradoiro de regueifas na aula de música.
Os dous regueifeiros convidados (Pinto e Caruncho), amosaron un carácter xovial, resolto e desenfadado á hora de compoñer as coplas, algunhas das cales facían alusión ás cualidades físicas dalgúns rapaces e rapazas alí presentes.
Explicaron cal era a procedencia da palabra “regueifa” a cal vén do árabe de “regaifa”.
Estas cantigas levábanse a cabo antes, nas vodas galegas, sendo como premio un gran bolo de pan para o que máis aguantase.
Varios alumnos ata se animaron a expor as súas propias estrofas: Naomi Ferreirós, Jennifer González, Daniel Fernández, Pablo García…etc.
Temos aquí algunhas composicións que nos achegou Daniel Fernández, de 1º B:
Eu coñezo a Rafael
que el che é moi, moi listo
pero ás veces cústalle
acender un simple misto
Eu coñezo a Rodrigo
que che era un bo chaval
metérono nunha prensa
e quedou bastante mal.
España está en crise,
o país está sufrindo,
Zapatero está mosca
coa lei de urbanismo.
Ese tipo malo é,
e vouno ter que matar,
pero como Xesucristo,
el vai a resucitar.
Pasaron todos unha boa e amena xornada.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]