Obradoiro de Hip-Hop
O día 27 de xaneiro houbo un obradoiro sobre Hip Hop.
Aínda que eu cheguei algo tarde, o que escoitei encantoume.
Os que fixeron o obradoiro eran dous rapaces novos, de 20 a 25 anos máis ou menos. Chamábanse Carlos e Martín e son compoñentes dun grupo chamado Machina.
Un deles facía Beat Box, e ensinounos cales eran os pasos iniciais para facer unha base co son de batería.
O outro facía rap, e explicounos o necesario para facer unha rimada.
Tamén explicaron de que temas podían tratar os versos, por exemplo: con algo que che pasa no momento, o que sentes polo teu amor, etc.
Ao final entre todos, intentamos facer unha rimada, pero acabaron facéndoa eles.
Á rapaza que saíu voluntaria a rapeala, regaláronlle un cd por facelo ben.
A miña valoración final é que estivo xenial!
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]