Rianxiño Viaxa
Ola a todo o mundo, xa ai un mes que estreamos este curso e aínda que parece que o centro está tranquilo non vos fiedes, isto empézase a mover, estanse a preparar moitas actividades desas que nos gustan a todos/as, as saídas fóra do centro, para saír do ambiente de todos os días. Para que vaiades facendo plans mostrámosvos cales son as actividades previstas para este primeiro trimestre.
- 6 de outubro o alumnado de 1º e 2º de ESO asistiron á primeira sesión do curso de CINENSINO coa proxección da película “Los seis signos de la luz” no auditorio da casa da cultura de Boiro.
- Para o vindeiro 11 de novembro o Departamento de Lengua Castellana y Literatura programou unha saída a Santiago para asistir a un espectáculo poético no que o actor, Ricardo F. Piscitelli Frazer, recita distintos textos literarios de autores da xeración do 27.
- O día 3 de decembro alumnado de distintos grupos asistirá a unha obra teatral titulada “Broadway Station”, programada polo Departamento de Inglés, que terá lugar en Santiago.
- Departamento de Francés tamén ten previsto asistir a unha actuación teatral en Santiago o vindeiro 6 de decembro, a obra ten por título: “Je ne suis pas un enfant”.
Estas son as actividades previstas para este primeiro trimestre, esperamos que o pasedes ben e despois nos contedes…
Actividades do primeiro trimestre
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]