No mes de setembro empezamos a ver nos nosos bosques unha especie cada vez máis numerosa: os buscadores de cogomelos. O interese polos cogomelos aumentou notablemente nos últimos anos, e cada vez son máis as persoas que saen a collelos co grande risco de que alguén apañe e coma cogomelos tóxicos, ás veces por decoñecer ou desprezar as graves consecuencias dunha intoxicación, outras pola falta de experiencia para distinguir con toda seguridade os comestibles daqueles que non o son ou por confiar en falsas probas de que son comestibles. O recoñecemento dos cogomelos é producto dun coidado e minucioso exame dos distintos exemplares, así como da experiencia acumulada despois de moitas saídas ao monte. Dado que o aspecto dun fungo pode variar por motivos moi variados como a choiva, o sol, a calor, é importante ter visto os mesmos cogomelos en distintas condicións para realizar unha precisa indentificación.
Tanto se es un experto como se te estás iniciando na súa colleita hai unhas regras para recoller cogomelos comestibles e evitar intoxicación que te mostramos a continuación
Ø Recóllense só as especies que se coñezan ben e sexan comestibles.
Ø Non existe ningunha regra para saber se un cogomelo é velenoso ou comestible, só depende dunha exacta clasficación bótanica polas súas característica macro e microscópicas. Polo tanto as seguintes probas non valen para nada, SON TODAS FALSAS
· Son comestibles todos os que crecen na madeira ou nos prados.
· Son comestibles os que cheiran ben ou teñen cores agradables.
· Son comestibles os que ennegrecen o allo, obxectos de prata, cebola ou miga de pan.
· As comidas por animais (lermas,roedores,etc.).
· Perden a toxicidade cos tratamentos culinarios, ao fervelos, salgalos ou maceralos en vinagre.
· A zona que xa coñecemos de recollida sempre produce cogomelos bos.
· Non se pode confundir certa persoa entendida que as coñece ben.
Ø Non consumir setas moi maduras ou podres (con verme, con mal cheiro).
Ø Asistir a Exposicións Micolóxicas, pertencer a algunha Sociedade Micolóxica, manexar libros especializados conlevan a coñecer mellor os cogomelos. Nunca intentar coñecer moitos cogomelos en pouco tempo. A experiencia obtéñense polo traballo persoal e por recollelas no campo.
Ø Utilizar para a súa recollida cestas e unha navalla, nunca bolsas. Non conservar os cogomelos demasiado tempo sen consumilos. Non mesture nunca especies comestibles con outras dubidosas ou tóxicas.
Ø Non se recomenda consumir a mesma especie en períodos de tempo curtos. A tolerancia pódese converter en intolerancia, e a dixestión resulta pesada ou o organismo non vai ser quen de a levar a cabo.
Ø No caso de alteracións gástricas ou malestar xeral acudir inmediatamente a un centro hospitalario. É moi importante o diagnóstico e tratamento rápido nas intoxicacións por cogomelos.
Ø Non apañe os cogomelos preto de vertedoiros de lixo, áreas industrias e estradas, xa que acumulan os metais tóxicos presentes no medio como o mercurio, chumbo ou cadmio.
Ø Danar o menos posible os nosos campos e bosques ó recoller os cogomelos e deixar aquelas que non coñezamos porque xogan un importante papel na natureza e equilibrio ecolóxico.
¡MOI IMPORTANTE! se tes recollido cogomelos no monte e non estás seguro/a de se son ou non comestibles, consulta a un experto/a, se tes dificultades en atopar a alguén que te aconselle, o mellor que podes facer é tiralas ao lixo. ANTE A DÚBIDA NON OS CONSUMAS XAMAIS.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]