¡Estamos de noraboa! O talento do noso alumnado volveu brillar, desta volta no mundo da comunicación. O IES Félix Muriel alzouse co primeiro premio na categoría de Secundaria dos prestixiosos Premios José Hermida de Radio Escolar.
O pasado venres 24 de abril, o IES Félix Muriel acolleu a gala de entrega de premios do III Certame Cousas, un acto que contou coa destacada presenza dos membros do xurado, Leo de Matamá e Xabier Vázquez.
Hoxe comeza unha nova andaina do noso proxecto Galicia, o país das marabillas’ (GpM) co que queremos render especial homenaxe ás e aos nos@s maiores e conservar a Galicia lendaria, máis concretamente o Rianxo lendario. O can do Urco, o Pozo bastón, culí, culí… E que mellor estrea que cunha entrevista a Maite Mosconi, escritora rianxeira experta na materia!!!!!!!
Esta é a portada do novo proxecto ‘Galicia, o país das marabillas’ (GpM). A Porteliña que vedes no centro da imaxe está en Cerdedo, e por ela na noite de defuntos podemos acceder ao mundo do máis alá no que habita o can do Urco, a Santa, o Trasno… e unha chea de seres mitolóxicos que forman parte da nosa cultura inmaterial. Comezaaaamosssss!!!!!! #GpM

O alumnado de 2º D entrou ata a cociña durante este terceiro trimestre. Primeiro, fixeron a recollida dunha receita tradicional dunha persoa informante da súa familia ou contorna, logo transcribírona e, posteriormente, traballaron na elaboración dos textos e de cadansúa edición. Asemade, foron investigando e coñecendo un feixe de vocabulario novo co que crearon unhas fichas moi vistosas. Todo o traballo axuntámolo neste volume anexo descargable de 142 páxinas baixo o título de ‘Unha manchea de receitas’ co obxectivo de preservalo e coidalo ao tempo que aprendemos a valorar o patrimonio das persoas que nos anteceden na vida. Oxalá vos guste, é voso!

O alumnado dos tres 4º da ESO elaboraron este Glosario de noso que recompilaexpresións epalabras que perciben en perigo ben por descoñecemento, por esquecemento ou castelanización. Mergulládevos nel!